14/10/10

CONCURSO DE RELATO CURTO DE VERÁN


I CONCURSO DE RELATO CURTO DE VERÁN


AS BASES

  • PRIMEIRA: Poderán concorrer ao certame todos aqueles que o dexesen e presenten os seus orixinais escritos en galego.
  • SEGUNDA: Os relatos terán unha extensión máxima de 8 folios e mínima de 2. O tema será libre. Deberán presentarse en formato DIN A4 por unha cara, escritos a ordenador ou maquina a dobre espazo. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro tipo de concurso. Só se aceptará un relato por participante.
  • TERCEIRA: O prazo de admisión para a recepción dos traballos será do 1 ao 30 de setembro. Os orixinais presentaranse nun sobre pechado en calquera das bibliotecas parroquiais (Aldán, Coiro, Darbo e O Hío) e tamén os podedes enviar por correo electrónico as seguintes direccións:
aldan.cangas@rbgalicia.org
coiro.cangas@rbgalicia.org
darbo.cangas@rbgalicia.org
hio.cangas@rbgalicia.org
  • CUARTA: Xunto cos relatos incluiranse os datos do a/o participante (nome, apelidos, idade, enderezo completo, teléfono fixo ou mobil)
  • QUINTA: Estableceranse dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría.
• Xuvenil (ate os 14 anos)

• Adulto (maiores de 14 anos)

Tod@s os participantes serán agasallados e os dous gañadores disfrutaran dun fantástico lote de libros en galego.
  • SEXTA: O ditame do xurado, designado polo ilmo. Concello de Cangas, darase a coñecer o 15 de outubro do 2010.
  • SETIMA: O premio pode ser declarado deserto.
  • OITAVA: O Concello de Cangas reservase a propiedade dos relatos premiados, así como os dereitos de publicación das obras premiadas nos medios que considere oportunos (http://www.asparroquiaisdecangas.blogspot.com/).
Neste caso a/o autora/or renuncia aos dereitos de edición a favor do Concello de Cangas.
  • NOVENA: A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a inapelabel decisión do xurado.

No hay comentarios: